- Alphabetic Rain: Trátase dunha verdadeira chuvia de letras. O xogo ten cinco niveis, de menos a máis dificultade.
- Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos.
- El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Gañas se es capaz de conseguir 100 puntos.
- Typing Asteroids Game: Terás que defender a Terra co teclado. Un montón de asteroides queren destruíla.
- ARTypist: Aquí tes un auténtico curso de mecanografía, empezando desde o correcto posicionamento dos dedos para escribir ben e rápido. Pero non hai que facer o curso todo seguido.
29 oct 2013
Mecanografía de Ismaíl
28 oct 2013
Outro post monstruoso
O Halloween chegou xa, aínda que Ismaíl non o chamou. Como tampouco avisou ao Samaín, e aquí está. Que tanto vale unha cousa como a outra, son só palabras. A festa será o que quede…
23 oct 2013
Un post monstruoso
Estamos na festa das castañas, que se chama Magosto, e no tempo das cabazas. A esta festa en moitos sitios dinlle Halloween, aínda que aquí algúns din Samaín. Pero cando Ismaíl chegou a Galicia, ninguén sabía deste último nome, nin os sabios.
No colexio imos celebrar as dúas. Claro que no halloween Ismaíl lembra aos seus amigos os gnomos de Irlanda… Queres participar nestas festas? Pois empeza por aquí:
- Actividades do outono e o Magosto
- Recursos para o Samaín
- Debuxos para colorear (abcteach)
- Mandalas de Halloween (Fantasy jr)
- O Samaín (Web de Norberto)
- Fichas y actividades para Halloween (educapeques)
- O xogo de Samaín
- Dominó de Halloween
- Máis mandalas de Halloween (Orientación Andújar)
22 oct 2013
Julia fue la primera
Claro que Ismaíl tuvo que ayudar un poquito, pero está seguro de que a partir de ahora ella y otros compañeros nos sorprenderán. En el anterior blog podrán aprender mucho…
21 oct 2013
Linguas, Mates, Medio (3)
Veña, seguimos, que aínda hai moitas tarefas por facer. Pero, como sempre, antes tes que investigar para responder sen erros…
Lengua Castellana
- Unidad 3: Medina Azahara…
Matemáticas: División de números naturales
- La división
- Divide con todas las tablas
- Divisiones: divisor de dos cifras
- Divisiones: divisor de tres cifras
- Divisiones con ceros en el cociente
- Propiedad fundamental de la división
- Multiplicación y división por 10, 100 y 1000
- REPASO: Hay que multiplicar bien
Coñecemento do Medio
20 oct 2013
O sombreiro de Harry Potter
No primeiro libro de Harry Potter, o Sombreiro Seleccionador ten máis de 1000 anos. O que temos na nosa escola non é tan antigo, aínda que tamén serve para pasar algunhas probas. Ao principio sempre actúa igual: preguntamos quen quere facer unha foto co sombreiro na cabeza…
Preme aqui ou na imaxe para vela máis grande.
Nota: Por desgraza, faltan dous nenos e unha nena que si quixeron superar esta proba. Algo sucedeu, talvez a maxia negra, pero as súas fotos non saíron ben. Deberán intentalo de novo.
18 oct 2013
Acrósticos no outono
Aprender a facer acrósticos non é tan difícil, porque hai moitos sitios para investigar. Como é tan fermoso xogar coas palabras, para escribir os primeiros acrósticos xogamos cos nosos nomes…
17 oct 2013
As imaxes das palabras
15 oct 2013
Aula de poesía
Nesta aula máis “poética” xogarás cos abecedarios e as formas das letras. Tamén xogarás coas palabras e as súas imaxes, como os acrósticos e os caligramas. E ademais xogarás cos versos e as estrofas, coas poesías e as cancións.
A poesía necesita unha actitude diferente… Pecha un pouco os ollos. Abre a porta da mente. Entra. Imaxina. Busca palabras especiais. Palabras coa súa forza interior: nomes, adxectivos, verbos. E conta e canta e, para empezar, practica aquí:
- Tagxedo – Creator: nubes de palabras que poden adoptar a forma de diversas imaxes.
- RIMADOR punto NET, el super rimador de palabras: o buscador de rimas máis grande de Internet.
- Poesía, en Alquimistas de la Palabra: para o xogo con distintas clases de versos e poemas.
10 oct 2013
Serás un animal salvaxe
En inglés, build your wild self quere dicir que constrúas a túa propia natureza, ou algo así. Así que terás que imaxinar que es outro ser, e non totalmente humano. Ademais, coa primeira ferramenta da nosa aula dixital farás que todos o podamos ver:
- Preme para acceder a esa páxina.
- Selecciona o teu sexo e escribe o teu nome.
- Despois escolle as túas características máis humanas: pelo, ollos roupa, calzado.
- A continuación, elixe os trazos máis salvaxes, que están nos recadros verdes.
- Por último, garda o teu traballo no ordenador. Non o esquezas, que isto é moi importante para que non se perda a túa imaxe de "animal". Ten en conta que a actividade aínda non rematou...
7 oct 2013
Linguas, Mates, Medio (2)
Claro que seguimos, porque aínda hai moitas tarefas por facer. Pero antes tes que explorar e investigar para responder sen erros…
Lengua Castellana
- Unidad 2: El valor de la verdad…
Matemáticas: Operaciones con números naturales
- Propiedades de la suma
- Sumas y restas combinadas
- Propiedad distributiva
- Multiplicaciones con varias cifras
- Multiplicaciones con ceros intermedios en el multiplicador
- Multiplicaciones con ceros finales
- REPASO: Los números naturales
Coñecemento do Medio
- O clima e o tempo
- Os climas de España
- A paisaxe
- Webs interactivas: climogramas, as especies vexetais, os paxaros, animais en perigo de extinción.
4 oct 2013
Regreso ás estrelas das historias
Os artistas desta entrada son: Sara S., Aitana, Gabriela e Adrián M.
1 oct 2013
Máis mapas, por favor
Ás veces, teremos que ampliar con novos materiais algún tema, como o primeiro, no que estamos. Neste caso, o que se precisa son máis mapas. Así que a explorar…