27 sept. 2013

Os xogos son tamén para o outono

Hai pouco que rematou o verán e xa empezou a chover. Así que talvez veñan moi ben algúns xogos. Pero creo que o mellor será empezar a xogar coa ortografía, que non tes porque sentir medo diante dela: 1) Ejercicios de ortografía; 2) Ortografía interactiva.

Xogos de memoria e estratexia

Xogos de aventura e deportes

Kids Games on ZuiGames

26 sept. 2013

Linguas, Mates, Medio (1)

Empezamos, por suposto, e moitas tarefas terán algunha relación cos nosos libros. Deberás investigar e aprender para responder sen erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números naturales

Coñecemento do Medio

Usa el Coco

25 sept. 2013

El tamén volveu

O principio pasou hai tanto tempo que a Ismaíl xa lle parece un soño. Pero el aínda lembra que estaba en Malpica, onde viviu moitos anos, e que alí tivo a súa primeira páxina web. Hoxe só quedan poucas cousas e moi desorganizadas: os seus contos, as visitas

Xa en Culleredo, neste colexio, abriu o seu primeiro blog que se chamou Escola de Ismail (1). Despois chegou a Escola de Ismaíl (2), e uns anos máis tarde a Escola de Ismaíl (3). Aquí coñeceu a nenos e nenas que tamén estudaron quinto e sexto de primaria. Pero medraron moito e por iso marcharon para o instituto.

Agora non queda outro remedio que abrir un novo blog: Escola de Ismaíl (4). Desa maneira, Ismaíl estará cos seus novos amigos de quinto curso, que contan que son xente moi estupenda. Ademais, acaba de coñecer a un ser da súa mesma especie que se chama Arás. Creo que está moi feliz.

Ismaíl e a súa nova clase

Para Amna

Amna fue una niña que estuvo con nosotros durante el curso 2010-2011, y participó en el blog Escola de Ismaíl (2). Había llegado desde Gandía, buscaba una vida mejor. Ahora ha vuelto para allí, donde estudiará 3º de ESO. Hace poco dejó un bonito comentario y nos contó algunas cosas. Aunque a vosotros no os conoce, desde su nueva ciudad os saluda y os desea lo mejor.

Por eso, se merece la primera entrada de nuestro nuevo blog de aula, y donde nos aguardan muchas aventuras… Amna, ¡que tengas toda la suerte del mundo!

Escola de Ismaíl (2)