29 oct. 2013

Mecanografía de Ismaíl

Ismaíl sabe que agora non só hai que escribir con lapis ou bolígrafo. Tamén tes que dominar o teclado do ordenador. Así que empeza a prepararte con este montón de desafíos…
  1. Alphabetic Rain: Trátase dunha verdadeira chuvia de letras. O xogo ten cinco niveis, de menos a máis dificultade.
  2. Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos.
  3. El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Gañas se es capaz de conseguir 100 puntos.
  4. Typing Asteroids Game: Terás que defender a Terra co teclado. Un montón de asteroides queren destruíla.
  5. ARTypist: Aquí tes un auténtico curso de mecanografía, empezando desde o correcto posicionamento dos dedos para escribir ben e rápido. Pero non hai que facer o curso todo seguido.

28 oct. 2013

Outro post monstruoso

O Halloween chegou xa, aínda que Ismaíl non o chamou. Como tampouco avisou ao Samaín, e aquí está. Que tanto vale unha cousa como a outra, son só palabras. A festa será o que quede…

23 oct. 2013

Un post monstruoso

Estamos na festa das castañas, que se chama Magosto, e no tempo das cabazas. A esta festa en moitos sitios dinlle Halloween, aínda que aquí algúns din Samaín. Pero cando Ismaíl chegou a Galicia, ninguén sabía deste último nome, nin os sabios.

No colexio imos celebrar as dúas. Claro que no halloween Ismaíl lembra aos seus amigos os gnomos de Irlanda… Queres participar nestas festas? Pois empeza por aquí:

Ismaíl e as cabazas

22 oct. 2013

Julia fue la primera

Hoy fue uno de esos días que a Ismaíl tanto le gustan. En la clase se presentó una actividad extra, de forma voluntaria, y que tuvo que hacerse con un ordenador: una presentación. ¡Y Julia ha sido la primera en atreverse!

Claro que Ismaíl tuvo que ayudar un poquito, pero está seguro de que a partir de ahora ella y otros compañeros nos sorprenderán. En el anterior blog podrán aprender mucho…

20 oct. 2013

O sombreiro de Harry Potter

No primeiro libro de Harry Potter, o Sombreiro Seleccionador ten máis de 1000 anos. O que temos na nosa escola non é tan antigo, aínda que tamén serve para pasar algunhas probas. Ao principio sempre actúa igual: preguntamos quen quere facer unha foto co sombreiro na cabeza…

Aula de 5º BPreme aqui ou na imaxe para vela máis grande.

Nota: Por desgraza, faltan dous nenos e unha nena que si quixeron superar esta proba. Algo sucedeu, talvez a maxia negra, pero as súas fotos non saíron ben. Deberán intentalo de novo.

17 oct. 2013

As imaxes das palabras

Na poesía hai que xogar coas palabras e as súas imaxes. Por iso os vosos nomes aparecen aquí formando un gorro que xa coñecemos, pois temos un na clase. Está feito con Tagxedo, pero o malo é que esa aplicación non funciona nos nosos ordenadores. Así que haberá que probar con ImageChef, que tamén serve para que as palabras que escribas adopten algunhas formas curiosas…

Ademais, terás que investigar sobre os acrósticos e os caligramas, que serán os primeiros versos que intentaremos realizar.

15 oct. 2013

Aula de poesía

Nesta aula máis “poética” xogarás cos abecedarios e as formas das letras. Tamén xogarás coas palabras e as súas imaxes, como os acrósticos e os caligramas. E ademais xogarás cos versos e as estrofas, coas poesías e as cancións.

A poesía necesita unha actitude diferente… Pecha un pouco os ollos. Abre a porta da mente. Entra. Imaxina. Busca palabras especiais. Palabras coa súa forza interior: nomes, adxectivos, verbos. E conta e canta e, para empezar, practica aquí:

Preme para descubrir a sorpresa!

10 oct. 2013

Serás un animal salvaxe

En inglés, build your wild self quere dicir que constrúas a túa propia natureza, ou algo así. Así que terás que imaxinar que es outro ser, e non totalmente humano. Ademais, coa primeira ferramenta da nosa aula dixital farás que todos o podamos ver:

  • Preme para acceder a esa páxina.
  • Selecciona o teu sexo e escribe o teu nome.
  • Despois escolle as túas características máis humanas: pelo, ollos roupa, calzado.
  • A continuación, elixe os trazos máis salvaxes, que están nos recadros verdes.
  • Por último, garda o teu traballo no ordenador. Non o esquezas, que isto é moi importante para que non se perda a túa imaxe de "animal". Ten en conta que a actividade aínda non rematou...

Gemma, 2011-2013

7 oct. 2013

Linguas, Mates, Medio (2)

Claro que seguimos, porque aínda hai moitas tarefas por facer. Pero antes tes que explorar e investigar para responder sen erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con números naturales

Coñecemento do Medio

Resolución de Problemas

4 oct. 2013

Regreso ás estrelas das historias

Este post é unha volta a unhas actividades que fixéramos noutro blog: as cartografías imaxinarias para despois de ler. Pero agora seremos nós os encargados de continuar explorando libros e contos. Por iso empezamos con certa estrela que ten a capacidade de de axudarnos a comprender as historias que lemos. E así, hai uns días foi Hans Christian Andersen o primeiro autor que resultou interpretado por unha delas…

Os artistas desta entrada son: Sara S., Aitana, Gabriela e Adrián M.

El traje nuevo del emperador, de Sara S. Aitana
Gabriela Adrián M.

1 oct. 2013