24 dic. 2014

Felices Festas!

Mentres chega a noite de Nadal, aquí tes un pequeno xogo. Trátase de observar esta foto de felicitación, que hai uns anos fixo un amigo desde as Illas Canarias. Eu estou nalgún sitio, a carón doutros mestres e profesores, e tes que buscarme. Pero ten en conta que todos levamos uns anteollos de adorno…

SHQOLLWFpCPreme aquí para ver a imaxe máis grande.

19 dic. 2014

Dúas felicitacións de Nadal

Ademais dos nosos propios e felicitacións, que xa dixemos e escribimos, Sergio e Hugo realizaron uns bonitos “vídeos” para felicitarnos. Traballaron na casa co ordenador ou o iPad, porque saben facer moitas cousas por si mesmos… Parabéns!

17 dic. 2014

Lectura en Samarcanda

Estamos a punto de abandonar a cidade milenaria de Samarcanda. Iremos cara o oeste, pois temos que chegar a Galicia, que será o final deste proxecto. Haberá máis exploradores individuais como Julia, Sara Vázquez ou Silvia? Alguén traerá obxectos misteriosos desas terras? Que outras historias nos agardan? Para descubrir todas esas cousas, debemos seguir o noso camiño

16 dic. 2014

Chegou o Nadal

Brancaneves e toda súa xente non foran aínda protagonistas deste blog. Pois aquí están, que ademais son os que faltaban da clase. Así que aproveitamos esta postal de Nadal especial para enviar os nosos mellores desexos…

Felices Festas!

David, Daniela, Diego, Sergio, Alba, Antón, Sara Vázquez, Adrián Blanco, Ignacio... en Disneylandia?

15 dic. 2014

Van chegar os Reis

En xaneiro, e desde hai centos de anos, chegan os Reis Magos a esta terra. Contan que veñen de moi lonxe para alegrar un pouco a nosa vida. Pero eu, cando miro esta foto, vexo caras que me sonan… Por que será?

Pablo, Daniel e Matías son os Reis Magos!

14 dic. 2014

Xabier, o noso heroe

Xabier converteuse no defensor do blog, despois de Silvia, por suposto. Pero agora é o que máis loita, como un novo Thor, para conseguir cada día novos e mellores comentarios. Se segue así tamén merecerá o martelo do deus nórdico, aínda que a Daniel seguro que tamén lle gustaría…

Xabier

13 dic. 2014

Aula investigadora 3

É certo que o noso último proxecto sobre a ruta da seda está requirindo moito esforzo. Pero os investigadores seguen explorando o mundo e Internet, a pesar das posibles dificultades: comidas do mundo, sectores económicos, o Espazo Abalar, Ramón Mª Aller, Alexandría, Médicos sen fronteiras, Samarcanda, as cidades máis poboadas de España, os pobos celtas, deuses do Olimpo, Curro Jiménez, Hiroshima, sonda espacial Rosetta
Os que máis investigaron nesta terceira fase foron: Antón (1), Sara Vázquez (1), Adrián Blanco (4), Sergio (5), Aitana (5), Sara Sánchez (4), Nicolás (9), Gabriela (1), Alba (4), David (1), Silvia (1), Javier (1), Daniel (1), Hugo (1) e Xabier (1).

11 dic. 2014

Operación PowerPoint

Este post é como unha fenomenal caixa de sorpresas. É a nosa operación triunfo de investigadores e novos presentadores, con traballos máis que interesantes. PowerPoint é un programa da compañía Microsoft que serve para mostrar as actividades que facemos…

10 dic. 2014

Linguas, Mates, Medio [6]

Aínda que o curso segue o seu ritmo, xa estamos en decembro e haberá que descansar un pouco. Antes, unha nova unidade con actividades e repasos.

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

Coñecemento do Medio: Buscar en Abalar e tamén aquí, pero lembra que algúns enlaces poden funcionar mal.

9 dic. 2014

Sara Vázquez en Samarcanda

De novo outra nena realiza unha presentación sobre unha cidade do noso proxecto. Agora foi Sara Vázquez, quen se atreveu a contarnos o que investigou sobre Samarcanda. Por certo, hoxe mesmo chegou o primeiro tren de mercadorías entre China e España, logo de recorrer máis de 13.000 quilómetros. Din que será como outra ruta da seda…

4 dic. 2014

O concerto de Julia e Gabriela

Na festa dos 4.000 comentarios houbo un concerto de guitarra española. As guitarristas foron Julia e Gabriela, e tocaron para nós o Himno á Alegria, que foi composta polo gran Ludwig van Beethoven. Ademais, agora é tamén o himno oficial de Europa.

3 dic. 2014

A festa dos 4000 comentarios

Despois dun gran traballo, por fin logramos alcanzar os 4.000 comentarios no noso blog. Poir iso celebramos esta festa. Houbo un equipo que organizou todo: os “alimentos” que había que conseguir, as actuacións artísticas, os encargados da música e, por suposto, quen faría de presentador. O mestre só buscou a película: Kirikú e a bruxa, realizada por un director coñecido. Pero o máis importante é que tivemos a colaboración das familias… Moitas grazas!

1 dic. 2014

Esta noite en Samarcanda

Samarcanda é unha das cidades máis antigas do mundo que aínda segue habitada. Ao parecer, estando xa baixo o control dos árabes, coñeceuse alí o segredo da fabricación do papel, que se descubrira na China. Máis tarde, desde esta cidade o uso do papel chegaría a Europa. E por iso, en papel e no noso proxecto, agora saberás desta historia: Esta noite en Samarcanda

30 nov. 2014

Aprendizaxe baseada en proxectos

Contan que durante unha aprendizaxe baseada en proxectos poden suceder moitas cousas nunha aula: constrúese o coñecemento, desenvólvense a creatividade e as vivencias emocionais, utilízase o pensamento e a reflexión, xestiónanse as tarefas… Creo que o diminuto Ismaíl, ao levarnos de viaxe pola Ruta da Seda, tamén está a conseguir eses obxectivos…

27 nov. 2014

El jeroglífico de Sergio y Nicolás

Al parecer, mientras Sergio y Nicolás luchaban para alcanzar los 4.000 comentarios, hicieron un descubrimiento. En las pantallas de sus ordenadores apareció un extraño jeroglífico. Sucedió durante unos minutos, y por eso tuvieron tiempo de guardar la imagen. Pero no saben que significan estos raros símbolos… ¿Puedes ayudarlos?

Jeroglífico b

25 nov. 2014

Enigmas e adiviñas

Primeiro foi Javier, logo Aitana e agora Sergio. Os tres empezaron a xogar con enigmas e adiviñas e chegaron moitos concursantes, por dicir algo. Así que Ismaíl deixa tamén o seu: ten en conta que cada enigma ou adiviña poden gardar algunha trampa. Por tanto, pensa ben antes de contestar…

Pedro era un granxeiro. Tiña tres porcos de cor rosa, catro porcos grises e un porco ibérico ben negro...
Cantos dos porcos de Pedro poden dicir que son da mesma cor que algún outro dos porcos de Pedro?

Mentres adiviñas a resposta, talvez sexa unha boa idea participar nun xogo con porcos. Chámase Pig Blaster, e hai que lograr que un porco chegue o máis lonxe posible saltando por enriba dun valo. Manéxase coas frechas de movemento do cursor, e o porco pode expulsar gases e peidos para axudarse nos saltos e voar máis metros. Esperamos que despois non ulas demasiado mal...!

Pig Blaster

22 nov. 2014

Daniel e o sector terciario

Xa sabiamos das boas presentacións que é capaz de preparar Daniel. E por sorte, despois de todo un ano, ofrécenos o seu segundo traballo. Parabéns! Pero que que a terceira presentación chegue antes do final de curso…

19 nov. 2014

Linguas, Mates, Medio [5]

O curso segue o seu ritmo e os días pasan, e xa estamos en decembro. Así que hai unha nova unidade con actividades e repasos.

Lengua Castellana

Matemáticas: Números positivos y negativos

Coñecemento do Medio

Clases de palabras Aquí tes unha actividade extra, é dicir, extraordinaria.

17 nov. 2014

Os alimentos para a viaxe

En toda viaxe necesítanse moitos recursos: comida, mapas, historias, fotografías, xogos, pinturas… De todo iso hai aquí, pero ti es o explorador, así que terás que investigar un pouco.

Hugo e o seu bocata

14 nov. 2014

David e a poboación de España

Creo que é a primeira vez que David aparece por aquí como un investigador que ademais saber facer presentacións. Escolleu o tema actual de Medio, o que se lle agradece, como tamén agradecemos o traballo da súa mestra Amparo…

12 nov. 2014

Blogueir@s dunha escola eduTIC

Hai un montón de investigadores nesta aula, e tamén hai moitos blogueiros e blogueiras de merecida fama. Por iso enchen o noso blog de comentarios que chegan ata o final do mundo, e incluso máis alá. Pero agora que están de viaxe pola Ruta da Seda, resultaba necesario un carné que sirva para acreditar tantas e tantas aventuras…

O carné dos blogueiros

6 nov. 2014

Humanos e monstros en Ítaca

Ítaca, aula TIC é un blog do colexio que trata, sobre todo, dos asuntos do Proxecto Abalar. É dicir, os seus temas principais son a educación e as novas tecnoloxías.

Se observas e les o seu último post, seguro que che di algo, pois nós xa falamos deses monstros. Por iso, esta actividade será para ti moi doada. Así que apura un pouco, e resolve algunha parte desa tarefa ou artefacto na túa casa para poder rematar todo na clase…

3 nov. 2014

Linguas, Mates, Medio [4]

O curso avanza e non hai dúbida algunha, xa estamos en novembro. Por iso hai unha nova unidade con actividades e certas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Múltiplos y divisores

Coñecemento do Medio

2 nov. 2014

Adrián Lightyear

Adrián Martínez, ademais de mostrarnos verdadeiras obras de arte, está sendo un bo colaborador do blog. Por iso agora é un dos nosos protagonistas, á maneira do famoso Buzz Lightyear

Adrián Martínez "Lightyear"

30 oct. 2014

O antílope dourado

Nas terras da India coñecimos unha historia chamada O antílope dourado. Tratábase dun conto popular, pero que nesta versión era unha adaptación do escritor Rudyard Kipling. Agora presentamos as imaxes dixitais que máis gustaron. Para esta actividade utilizamos o programa MyPaint

O antílope dourado (Silvia Márquez, 2014)

28 oct. 2014

Xa chegaron as cabazas

Estamos no Samaín, en Halloween, e aquí temos unhas fotos para demostralo. Pero aínda que só son fotos e non hai nada escrito, quen sabe o que pasará máis tarde…

22 oct. 2014

Películas, Samaín, Halloween

Contan que o Hallowen é unha festa de orixe celta que se celebra en moitos sitios de lingua inglesa. En Galicia, nos últimos anos, apareceu co nome de Samaín, unha de son céltico. Nos dous casos as datas de celebración son as mesmas: do 31 de outubro ao 1 de novembro.

20 oct. 2014

Ismaíl o astronauta

Hai algúns anos, exactamente no 2008, o nome de Ismaíl viaxou ata a Lúa grazas á NASA, a axencia espacial americana. Daquela foi mediante o Project Moon, e agora o sen nome irá ao espazo no Orion’s Flight Test. Por iso, xa ten a súa tarxeta de embarque para o voo inaugural da nave Orion. Anímate e consegue a túa…

Preme aquí para ver a tarxeta máis grande.

19 oct. 2014

Linguas, Mates, Medio [3]

O curso avanza pouquiño a pouco. Por iso hai actividades especiais para unha nova unidade. E tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Potencias y raíz cuadrada 

Coñecemento do Medio

16 oct. 2014

Os ollos de Arundhati

Nunha historia secreta que se conta de Ismaíl, relátanse algunhas das súas vivencias con Arundhati, que foi unha boa amiga. Pero ela marchou cara o sur cando os seres diminutos fuxiron dos humanos. Hai uns días escoitaron isto e leron a historia. O que viron e imaxinaron está aquí, ou debaixo se premes na imaxe… Sorprendente!

Arundhati, de Sara Sánchez (2014)

15 oct. 2014

As fotos nunha ruta

Non hai nada mellor que unhas fotos bonitas para mostrar un proxecto. Talvez algún día calquera destes exploradores viaxe pola Ruta da Seda, na busca dalgún misterio ou para colaborar coas súas xentes. Pero agora están aquí, imaxinando mundos…

14 oct. 2014

De camiño á India

Hoxe decidimos apartarnos un pouquiño da vía principal da Ruta da Seda e dirixirnos cara á India. Había outra opción, o Xapón, onde agardaba un pescador de nome Urashima. Pero as exploradoras e exploradores escolleron o camiño hindú.

A historia da India titúlase O antílope dourado. Trátase dun conto popular daquelas terras, aínda que na versión dun famoso escritor inglés que se chamaba Rudyard Kipling

13 oct. 2014

O traballo de Julia

Creo que xa precisabamos algunha presentación vosa no blog. E foi Julia a primeira en facelo neste curso, o que se agradece, e sobre todo polo tema que elixiu para investigar. Así, o seu traballo pasará a formar parte do noso proxecto

12 oct. 2014

Malala Yousafzai

Hai algún tempo, no mes de marzo deste ano, falamos da vida de Malala Yousafzai. Pois ben, acaba de recibir o Premio Nobel da Paz 2014, xunto con Kailash Satyarthi, pola súa defensa da educación infantil.

Os seus inimigos, os que intentaron acabar coa súa vida, non recoñecen a súa verdade, e por iso xa recibiu novas ameazas. Pero nós non esqueceremos o seu nome. Así, neste enlace, e nos outros deste post, poderás saber moitas máis cousas. Será necesario para realizar as actividades que che diremos. Ademais, a súa terra tamén está relacionada coa Ruta da Seda, o noso proxecto

Malala Yousafzai

10 oct. 2014

Voluntarios contra Fahrenheit

Os monstros de Fahrenheit regresaron. Co seu poder atraparon de novo a algúns dos nosos aprendices, e polo tanto precisan a vosa axuda. O que pedimos son voluntarios para conseguir o seu rescate lector. O que buscamos son compañeiras e compañeiros que non sintan medo, e así poder salvar a eses “prisioneiros” das letras e dos monstros… Apúntate, por favor!

O monstro Súper Fahrenheit

8 oct. 2014

Exploracións na Ruta da Seda

Entramos sen medo nos camiños desta ruta milenaria entre Asia e Europa. Comezamos a ler as súas historias, descubrimos os seus lugares e ás xentes que viven alí, escoitamos as súas músicas e usamos novas ferramentas para aprender. Por esa razón, agora sabemos da princesa chinesa Leitzu e os vermes de seda, e de Gulnara a guerreira mongola que vivía nas estepas do norte. Incluso soubemos de Arundhati e os seus ollos negros, pero iso é outra historia…

5 oct. 2014

Linguas, Mates, Medio [2]

Xa o sabes, sempre que haxa posibilidades haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Agora, a Unidade 2…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con números naturales

Coñecemento do Medio: Fíxate nos apartados do tema do libro e busca en Abalar materiais interesantes para esta Unidade de Medio.

3 oct. 2014

Un proxecto de outono

Foi hoxe cando realmente anunciamos o novo proxecto. Entre outras palabras, dixemos o seguinte:

Empezas unha viaxe polos mundos da chamada Ruta da Seda, un camiño milenario entre Europa e Asia. Pero ten en conta que o máis importante será a viaxe mesma. Así que goza e aprende. De paso, anota no teu pasaporte especial as historias que descubras, os países que visites e as súas capitais, e outros datos que che interesen… Moita sorte, viaxeir@s!

A Ruta da Seda

1 oct. 2014

A princesa Leitzu

O noso proxecto Ismaíl na Ruta da Seda está en marcha, e todos os viaxeiros de historias e de libros agardan as súas aventuras. Como a princesa Leitzu, ou Xi Lingshi. E tamén nós, por suposto. Desde as terras da China, lendo, escribindo, facendo e compartindo tentaremos chegar de novo ata aquí. Como non queremos perder o camiño, necesitaremos a forza dos exploradores… Estás preparado? Estás lista?

No seguinte álbum de fotos podes ver os traballos de: Aitana, Matías, Daniela, Julia, Silvia, Nicolás, Sara Sánchez, Alba, Gabriela...

A princesa Leitzu, de Gabriela Santos (2014)

28 sept. 2014

Na Ruta da Seda

Ismaíl non regresou á aula, e aínda agardamos por el. Din que viaxou lonxe, ata a mesma Ruta da Seda. Pero aquí estamos nós, os seus amigos. E para que volva canto antes, empezamos a ler contos desas terras tan afastadas. Así entramos nun novo proxecto. Primeiro con Gulnara a guerreira, e agora coa princesa Leitzu…

Segundo unha historia moi antiga, foi a princesa chinesa Leitzu quen descubriu a seda. Mentres paseaba polo seu xardín, fixouse nun estraño verme que se estaba a atracar de follas de moreira. Durante varios días, observouno mentres fiaba unha dourada rede ao seu arredor, e imaxinou que era a alma dalgún antepasado.

Unha tarde, viuno encerrarse nela e creu que morrera, ata que a bolboreta reencarnada saíu do casulo. Xogando, desconcertada, caéuselle por erro no té de xasmín que bebía. Algo distraída, colleu a fibra abrandada e comezou a debandala, cada vez con máis asombro, nun longo filamento de relucente seda.

Co paso do tempo, ensinou a arte da fiadura da seda e a cría do misterioso verme. E á súa morte foi convertida en deusa e situada no fogar celestial de Escorpio, a constelación da Casa da Seda.

22 sept. 2014

Europa, o noso continente

Estamos en sexto e hai que saber de xeografía. Seguro que con axudas así todo resultará máis doado:

Toporopa

17 sept. 2014

O Sistema Solar e a Terra

Aquí tes unha tarefa de autoavaliación: fíxate nos contidos e usa o libro. Ao final, comproba o que sabes…

Preme na imaxe

16 sept. 2014

Linguas, Mates, Medio [1]

A partir de hoxe, e sempre que haxa posibilidades, haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Por iso, empezamos polo principio de todo.

Lengua Castellana

Matemáticas: Sistemas de numeración

Coñecemento do Medio

10 sept. 2014

A volta ao colexio

Hoxe, logo do verán, regresamos á nosa aula porque o colexio estaba aberto de novo. Foi á mesma hora de sempre, aínda que este curso será un pouco distinto. Os de sexto xa son os maiores! Así que esta vez, como son grandes, entraron de primeiros; pero Ismaíl non estaba agardando. Ao parecer, atópase nalgún lugar da lexendaria Ruta da Seda. A ver se volve pronto…

 

7 sept. 2014

Hai alguén por aí?

Durante un tempo foi Sivia a nosa defensora, e por iso mereceu o seu recoñecemento. Pero agora, case a piques de rematar o verán, son dous nenos os máis presentes no blog: Xabier e Nicolás. Eles souberon como buscar o tempo necesario para lembrar que Ismaíl e todos nós aínda estamos aquí… Son uns heroes!

Xabier e Nicolás

22 jun. 2014

Aberto por vacacións

Alguna que outra vez, Ismaíl xa dixo que o verán é longo e hai que facer cousas para non estar aburridos. Por exemplo, podes repasar e lembrar o que aprendimos resolvendo un montón de actividades interactivas:

Tamén podes imprimir algúns cadernos para facer na casa, aínda que xa ofrecimos as nosas recomendacións:

Vacaciones de Verano

19 jun. 2014

Dúas ilustracións fermosas

Faltaban estes debuxos en dúas historias: El tesoro del Arco Iris e La bombilla. Agora, por fin, chegaron. Por iso agradecemos o traballo especial de Daniela, Gabriela e os seus equipos… 

[Ler a historia]

El tesoro del Arco Iris

[Ler a historia]

La bombilla

18 jun. 2014

Fotos doutro tempo

Sara Vázquez acordouse das súas fotos de antes e trouxo algunhas. Son de cando era máis pequena e xa estaba no colexio, pero nas aulas de Educación Infantil. O máis bonito é que tamén podemos ver ao resto da nosa clase…

16 jun. 2014

Unha historia de trasnos

O xogo de Rory’s Story Cubes segue a ofrecer estupendas sorpresas. Por exemplo, a seguinte historia dun trasno que descubriron Lucía, Ignacio e Sara Vázquez…

Nun pobo de Malpica había un bosque cun río. Alí vivía un trasno malvado que tiña unha variña máxica.

Un día, o trasno foi ao pobo e entrou nunha tenda de candados. Cando o viron, escaparon a todo correr porque daba moito medo. O trasno desde ese día quixo ser unha boa persoa…

[Ler máis]

15 jun. 2014

Silvia, a nosa defensora

Silvia nunca se desanimou e loitou polo noso blog, aínda nos momentos de raios e tormentas. E agora, nos últimos días de clase, tampouco o esquece, e por iso regalounos uns versos. É a nosa guerreira e defensora, como Zelda

Silvia, poeta e defensora...

No nos podemos rendir,
comentando lo vamos a conseguir.
Los 3000 comentarios están cerca,
en unos días haremos la fiesta.
Ya nos quedan muy pocos,
tenemos que seguir comentando todos.

12 jun. 2014

En Chromville cos dados de Story Cubes

A aplicación Chromville é un xogo que se basea na chamada Realidade Aumentada. Trátase dun mundo fantástico onde hai que colorear certas láminas para vivir aventuras gráficas case en 3D. Nos eliximos a do Reino das Nubes ou CloudsKingdom, e despois confiamos nos dados de Rory’s Story Cubes, cos que xa temos experiencia. Daniel, Matías, Silvia e Javier foron os contacontos e os que escribiron…

Había unha vez un reino onde todos estaban felices. Todos os habitantes daquel reino eran amigos, agás un home ao que lle roubaran o trono por non ser demasiado alegre…

[Ler máis]

O poder non é a felicidade

11 jun. 2014

A viaxe inesperada

Atreyu, un dos personaxes do libro A historia interminable, chegou á nosa clase. Apareceu con Julia, Sergio e Adrián Martínez, que imaxinaron este conto con Rory’s Story Cubes e os seus dados fantásticos…

Aunque es difícil de creer, una vez pasó que un chico llamado Atreyu tenía un amuleto con forma de escarabajo. Era una gran viajero y deseaba ir a Egipto para saber sus orígenes. Así que se fue a un aeropuerto y se animó a subir a un avión…

[Ler máis]

10 jun. 2014

Abellas ao redor dunha bombilla

Os humanos aprecian o traballo das abellas desde hai 4.600 anos, como pouco. E son elas as protagonistas desta nova historia cos dados máxicos de Rory’s Story Cubes. Alba, Antón, Diego e Gabriela foron os seus descubridores…

Érase que se era en Abejolandia una gran colmena donde vivía la abeja reina.

Un día sus súbditos le trajeron una bombilla que habían encontrado en la calle, pero no sabían como funcionaba. Buscaron muchas maneras para que funcionase, aunque ninguna resultó buena...

[Ler máis]

8 jun. 2014

O tesouro

Unha nova historia feita cos dados máxicos de Rory’s Story Cubes. Aitana, Pablo, Daniela e Xabier deixaron voar a súa imaxinación e pasou isto:

Había una vez, en un viejo país, un pastor que tenía un rebaño de ovejas. Siempre que iba a pasear, pasaba por el mismo puente, aunque había otro a la derecha. Pero un día se le ocurrió cruzarlo. Cuando lo intentó, chocó contra una pared invisible.

Probó varias veces, y siempre resultaba imposible…

[Ler máis]

A quen enfeitizará Ismaíl?

6 jun. 2014

Máis palabras de Rosalía

Xa contamos algo de Rosalía de Castro noutro post. E agora son Antón e Gabriela os din algúns dos seus versos, que están no libro Cantares gallegos.

5 jun. 2014

Día Mundial do Medio Ambiente

Señoras e señores: Presentamos o mellor vídeo para celebrar este día, que fixeron outros compañeiros desta escola. O vídeo, creado con música e imaxes do mundo, quere servir para a defensa do noso planeta. Para que non empeore aínda máis... Que o disfruten! (Texto elaborado por Sergio e Hugo.)

4 jun. 2014

Había un edificio encantado

A segunda historia cos dados de Rory’s Story Cubes xa está aquí, despois do noso primeiro descubrimento. Esta vez a autoría corresponde a Sara S., Hugo, Adrián B. e David. Houbo algún problema pequeniño, é certo, pero resulta que ás veces os contacontos pérdense entre as nubes…

Érase una vez, cuando los animales hablaban, un niño llamado Carlos. Un día, al ir hacia su casa después del colegio, vio en un rascacielos un cartel que decía: “Mirar y entrar”.

El niño entró un poco nervioso, pues no sabía lo que podía haber dentro del edificio. Además, parecía algo terrorífico. De repente, vio que las ventanas se abrían y se cerraban solas…

[Ler máis]

3 jun. 2014

Os dados de Story Cubes

Por fin, despois de moito tempo, usamos famosos dados de Rory’s Story Cubes. Trátase dun xogo para inventar historias, e son 9 pequenos dados brancos que teñen imaxes diferentes en cada unha das súas caras. Con esas 54 imaxes, din que se poden crear máis de 10 millos de combinacións. É un xogo sen vencedores ou perdedores, só triunfa a imaxinación.

De momento, nós usamos 3 dados, que se escollen das nove posibilidades de cada xogada cos dados. Ademais, empregamos as marabillosas fórmulas de entrada e final para contar contos. Así fixeron Silvia, Javier, Matías e Daniel, que imaxinaron a primeira historia:

Hace mucho, en el tiempo de los sueños, los niños Tom y Ana recibieron una llamada desde otro planeta. Les pedían que encontraran una llave para abrir una puerta y un portal hacia otro planeta.

Allí se hallaban todos los personajes de los cuentos más famosos, que se necesitaban para crear nuevas historias. Ese planeta se llamaba MegaDibus…

[Ler máis]

28 may. 2014

Linguas, Mates, Medio (14)

Que pouco queda para rematar o curso! Pero creo que Ismaíl pensa que non pasaron tantos días. Para os gnomos, o paso do tempo resulta diferente…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

El Tanque Matemático

27 may. 2014

Palabras de Rosalía

A máis grande das poetas galegas chamouse Rosalía de Castro, e na visita ao Parlamento de Galicia recibimos un dos seus libros como agasallo. A moitos nenos e nenas da clase gustáronlles os seus versos. Por iso, neste post escoitamos a voz de Daniela, cunha foto da cidade de A Coruña como fondo. E tamén sentimos a voz de Silvia, diante do fermoso faro de Punta Nariga e coa Lúa case detrás do mar. En Malpica de Bergantiños, onde apareceu o noso Ismaíl…

24 may. 2014

Os unicornios do colexio

A verdade é que estes unicornios dixitais chegaron ao colexio hai moitas semanas, pero sempre estiveron nos nosos ordenadores. Agora queren saír e correr, e por iso están aquí. Para imaxinalos, os pequenos artistas usaron un programa chamado MyPaint, que podes descargar se premes neste enlace.

Os unicornios on PhotoPeach

21 may. 2014

Un carballo en tres minutos

A semente deste carballo, a landra, foi plantada nun mes de setembro. En xaneiro observouse o crecemento da súa raíz. E en marzo, naceu.

Este proceso dura na natureza ao redor de oito meses. Pero este vídeo só ten algo máis de tres minutos. Fíxose tomando fotografías cada dúas horas. A esta técnica de vídeo dinlle time-lapse.

19 may. 2014

15 may. 2014

Terra sucada

O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía coa voz de Sergio, e usamos unha aplicación para teléfono móbil chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados. Outra contribución para o día das nosas letras

12 may. 2014

100 comentarios polas Letras Galegas

Foi Julia a primeira que investigou esta celebración, e así descubriu o nome do escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Despois apareceu Lucía con outro traballo sobre Xosé María Díaz Castro, que é como se chama o escritor homenaxeado. Por último, Julia tamén debuxou a imaxe para este post, aínda que tivo a axuda de Aitana. Agora presentamos o reto: queremos 100 comentarios (ou máis). Que sexan mensaxes sobre o autor, a nosa lingua e a literatura, Galicia e o mundo… Pero todo ben escrito e con palabras galegas, que son ben fermosas.

Xosé María Díaz Castro Preme aquí ou na imaxe.

11 may. 2014

Lingua, Mates, Medio (13)

Hai que empezar contidos novos e novos temas. Ademais, a Ismaíl encántalle o número 13…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Actividade extra: Aquí está o vídeo que vimos en clase. Xa sabes que deberás facer un bonito traballo, e lembra que será en galego. Preme na imaxe.

A Gran Barreira de Arrecife

9 may. 2014

A Terra desde o espazo

A axencia americana NASA creou un canal de vídeo que retransmite en directo imaxes do noso planeta desde a Estación Espacial. Utiliza catro cámaras de moita calidade, ata o mes de outubro de 2015. Así que é una gran oportunidade para ver a Terra desde o ceo infinito. Disfrutemos e coidemos o noso mundo, que só hai un…

6 may. 2014

Os monstros de Fahrenheit

Xa contamos que hai que salvar aos libros de Fahrenheit, o monstro. Para conseguilo, hai que ler ben, pois é o único remedio que funciona contra esa besta que devora libros e lectores. Por iso pedimos axuda ao mago Rodari e aos seus Contos para xogar. Así que traballa en equipo e prepara as túas lecturas. Se quedas atrapado, ninguén sabe o que che pasará…

4 may. 2014

Felicidades, mamá!

Este é un día especial para as nais e as familias, pero tamén para o noso blog. Por iso, agardamos que disfrutedes co seguinte vídeo e coas súas imaxes. Se é así, seguro que poderemos ler un montón de comentarios e mensaxes… Anímate e participa!

2 may. 2014

Cartografía das historias

A cartografía é unha ciencia que se encarga da elaboración dos mapas. Pero aquí usamos esa palabra para falar dos mapas dos libros, que poden servir para recoñecer e comprender a estrutura dos relatos. Así, na nosa cartografía están: as galaxias de palabras, as estrelas das historias e, por último, os mapas dos libros, sobre todo en forma de bocatas…

Cartografía das historias on PhotoPeach

27 abr. 2014

Ismaíl o diminuto

Agora sabemos algo máis do mundo de Ismaíl. Incluso hai na aula exploradoras e investigadores que buscan datos e novas sobre a súa misteriosa vida. Hai tempo que limos e gravamos esta historia, pero aínda non se publicara no noso canal de vídeo

Linguas, Mates, Medio (12)

Hai días que xa empezamos os novos temas. Agora tamén aparecen aquí…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio