29 ene 2014

Linguas, Mates, Medio (7)

Continuamos, que aínda non rematamos. Pero antes terás que investigar para responder sen demasiados erros. Por certo, creo que non se explora tanto como se di…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con fracciones

Coñecemento do Medio

Sorpresas: o Coliseo de Roma (Italia); a antiga cidade de Petra (Xordania); as cinco catedrais de Galicia; Google Art Project.

28 ene 2014

Os nosos pensamentos de paz

Hai pouco que falamos da princesa Malaika e das súas cousas. Pois ben, esta idea chegou lonxe de aquí, e por iso nun sitio que chama Invery Crea falaron de nós. E falaron bonito, o que agradecemos moito. Agora dicimos, para o mundo, os nosos pensamentos sobre a palabra PAZ

27 ene 2014

Hugo e o Deportivo da Coruña

Creo que despois da última presentación de Pablo, que estivo moi ben, era necesario un traballo como o de Hugo. Como as demais presentacións, todas son unhas investigacións voluntarias e extraordinarias…

26 ene 2014

Las grullas de Sadako

El curso pasado, durante los días previos al Día de la Paz, los niños y niñas del blog Escola de Ismaíl (3) conocieron la historia de Sadako. Ahí puedes conocerla también y, de paso, descubrir muchas cosas de su vida. Ya veremos que ideas surgen en el aula, pero mientras tanto planteamos desde aquí un desafío. Si observas con atención el siguiente vídeo, aprenderás a hacer grullas de papel… ¿Podrás llevar alguna para que la veamos en clase?

22 ene 2014

As súas voces nos versos

Xa falamos do poema de Marica Campo titulado A casa das palabras. Pero o son das súas voces lendo e recitando eses versos non se escoitara no blog. Pois aquí están, aínda que irán aparecendo pouquiño a pouco…

21 ene 2014

19 ene 2014

Malaika, a princesa

O próximo 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. É unha celebración que sempre debería estar na nosa memoria.

Esa palabra, a memoria, aparece na historia de Malaika. Trátase dunha nena que é unha princesa moi especial…

18 ene 2014

Pablo e o Atlético de Madrid

Unha nova presentación, e esta vez é de Pablo. Seguro que con ela empezamos, de novo, a recibir moitos máis traballos voluntarios semellantes, onde se usen as novas tecnoloxías. Así que hoxe felicitamos a Pablo por esta bonita investigación…

12 ene 2014

A casa dos libros

Algúns dos libros que xa son as nosas estrelas foron citados pola escritora Marica Campo nesta poesía. A nós serviunos para lembrar que, no mundo de todas as palabras, ler é unha festa. Ah, e tamén para empezar a recitar…

O bosque dos libros?

Quero unha casa branca
con mil xanelas
e debruzarme en todas
a ver a festa.
Quero esta casa branca
que son os libros
para vivir as cousas
que outros viviron.
Poderei ser Alicia,
cruzar o espello;
ir por todas os mares,
capitán Nemo.
Escoitar os Cantares
de Rosalía,
voar da Terra á Lúa,
volver no día.
A casa das palabras
ten mil xanelas,
cada xanela un conto,
ler é unha festa.

9 ene 2014

Os libros son estrelas que…

Primeiro foron as Estrelas das Historias, e logo apareceron as Galaxias das Palabras. Agora, por fin, chegan os nosos libros, que son como as estrelas que alumean no ceo de noite. Por iso hainas de cor vermella, amarelas, azuis e incluso brancas. En todas elas, no seu interior, hai sempre os mesmos elementos: protagonistas e personaxes, escenarios e lugares, problemas, desenlaces e finais.

Eses son os ingredientes das historias que contan os libros…

1 ene 2014

Feliz 2014

Con fotos dos que comentaron no útimo post, desexamos un feliz ano a todas as familias e amigos. Están Lucía, Sara Sánchez, Antón, Aitana, Daniel, Javier, Sergio, Nicolás e Gabriela, que enviou unha bonita fotografía co seu can. Tamén agradecemos os comentarios de Clara e Iago, do anterior blog, e de Monse, a nai de Gabriela.

Feliz 2014