25 mar 2014

Os poetas novos do Burgo

A nosa Aula de poesía, tan chea de poetas novos e novas promesas, necesitaba dun sitio especial onde recoller os seus traballos. E para iso o mellor é un mapa coas rúas e prazas do Burgo. Pois alí está o seu colexio e a súa aula de 5º, e aí viven estes aprendices de escritores…


Ver Os poetas novos do Burgo en un mapa más grande

23 mar 2014

Linguas, Mates, Medio (10)

Agardamos moito de cada un de vós, por exemplo, investigando no famoso espazo Abalar. Así fixeron Matías e Aitana, pero ninguén máis seguiu o seu camiño. Mentres, avanzan os días e os temas…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Se queres saber máis cousas da fotosíntese, investiga neste vídeo. Pero se es máis de vídeos sinxelos, aquí tes outra opción

22 mar 2014

Silvia e a súa nai con ImageChef

No último post, o que dedicamos ao Día Mundial da Poesía, falamos de ImageChef. Como hai tempo que está na nosa pequena Aula dixital, descubrimos que había moitas expertas no seu uso. Entre elas, Silvia e a súa nai, Monse…

Silvia Monse

19 mar 2014

O Día Mundial da Poesía

Cada 21 de marzo, coa chegada da primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía. En moitos lugares do mundo, para reflexionar sobre a palabra e os versos, neste tempo fálase de poemas e dos poetas. Así faremos nós, que por iso temos a nosa Aula de poesía:

Día Mundia da Poesía

Claro que o 21 de marzo tamén se celebra outra cousa importante: é o Día Internacional dos Bosques

18 mar 2014

14 mar 2014

Unha carta da Carapuchiña Vermella

Benquerida Lucía:

Xa que mo preguntas, direiche que si que estou medrada: xa teño 12 anos e mido 1,48 centímetros. Aínda levo a miña carapucha, pero teño outros tons de vermello, algúns máis escuros, outros máis claros.

Tamén debes saber que me fixen amiga do lobo. E saltamos á corda, xogamos ás palmas… Facemos de todo! jajaja… Agora estou no instituto e fixen moitos amigos. Por exemplo, Riciños de Ouro, Alicia a das Marabillas, Campaíña a de Peter Pan, e cada día teño máis e máis.

A avoa aínda vive comigo, claro, pero non parece tan velliña.

Gústanme moito algúns programas da televisión. Tamén estou preocupada pola Terra, e por iso fago campañas para defendela e coidala…

Xa non sei que máis contarche, así que moitas apertas.

A Carapuchiña Vermella

Post Data: Envieiche algunhas galletas da avoa.

Despois de ler a Carta a Carapuchiña Vermella, que escribiu Marica Campo, Lucía recibíu esta resposta de parte da nena do conto. Pero hai quen pensa que foi escrita pola mesma Lucía, pois participaba nunha actividade da súa clase…

13 mar 2014

Os animais vertebrados

Xa que Antón mostrou o que se pode saber da fauna, creo que será unha boa idea que tamén ti fagas algo. Por exemplo, no recurso de hoxe sobre os animais vertebrados atoparás moita información:

  • Que é un animal vertebrado e clasificación dos animais vertebrados.
  • Exercicio de asociación de animais ao seu grupo de pertenza.
  • Distintas formas de cubrir os seus corpos.
  • Exercicio para “vestir” aos animais.
  • Alimentación dos animais vertebrados.
  • Distintas formas de respirar nos animais vertebrados.
  • Como se reproducen os animais vertebrados?
  • Ao final, comproba os teus coñecementos…

Os animais vertebrados

Preme aquí ou na imaxe para entrar.

(vía alsalidelcole)

11 mar 2014

Antón e a fauna de Galicia

A nosa aula precisa de  investigacións que teñan en conta o que aprendemos en Medio. E foi Antón o voluntario que agora presenta unha. Quedoulle moi ben, así que haberá que facerlle preguntas intelixentes…

8 mar 2014

Aula investigadora 2

Xa dixemos que temos unha clase moi investigadora, e sobre todo de maneira voluntaria. Por iso, Ismaíl sabe que poden explorar calquera tema. Exemplos: Boabdil, a ria do Burgo, os emperadores romanos, o libro gordo de Petete, Lope de Vega, as viaxes de Colón, os torques, o centro espacial de Robledo de Chavela, os animais, o significado dos nomes, Shackleton, a Calzada dos Xigantes e moitos máis.

Os que máis investigaron nesta segunda fase foron: Alba (12), Diego (3), Daniela (3), Gabriela (7), Lucía (4), Sara Sánchez (1), Natalia (6), Aitana (7), Antón (5), Adrián Blanco (2), Daniel (2), Sergio (4), Nicolás (6), Adrián Martínez (1), Matías (5), Silvia (2), Sara Vázquez (2), Pablo (1), Hugo (6), Luis (5), Ignacio (1).

Agora preséntase outro traballo do Proxecto C.S.I. (Clase Súper Investigadora). Deberás averiguar quen é Malala Yousafzai: trátase dunha nena á que quixeron matar por defender o dereito á educación de todas as nenas. No seguinte vídeo, poderás vela, escoitala e ler o seu discurso na ONU (2013).

5 mar 2014

A película do Entroido

Se non fora por Silvia e Gabriela o Entroido estaría sen fotografías. E sobre todo grazas ás súas nais, que as enviaron por correo. Así que hai máis fotos, poderán estas nesta película…

A foto do Entroido

Ata o momento, só temos unha foto colectiva do Entroido. Está feita na aula, aínda que non estamos todos. Se premes na imaxe, podes vela máis grande e tamén descargala. Recibiu algún tratamento dixital…

DSCN0828-HDR