28 may. 2014

Linguas, Mates, Medio (14)

Que pouco queda para rematar o curso! Pero creo que Ismaíl pensa que non pasaron tantos días. Para os gnomos, o paso do tempo resulta diferente…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

El Tanque Matemático

27 may. 2014

Palabras de Rosalía

A máis grande das poetas galegas chamouse Rosalía de Castro, e na visita ao Parlamento de Galicia recibimos un dos seus libros como agasallo. A moitos nenos e nenas da clase gustáronlles os seus versos. Por iso, neste post escoitamos a voz de Daniela, cunha foto da cidade de A Coruña como fondo. E tamén sentimos a voz de Silvia, diante do fermoso faro de Punta Nariga e coa Lúa case detrás do mar. En Malpica de Bergantiños, onde apareceu o noso Ismaíl…

24 may. 2014

Os unicornios do colexio

A verdade é que estes unicornios dixitais chegaron ao colexio hai moitas semanas, pero sempre estiveron nos nosos ordenadores. Agora queren saír e correr, e por iso están aquí. Para imaxinalos, os pequenos artistas usaron un programa chamado MyPaint, que podes descargar se premes neste enlace.

Os unicornios on PhotoPeach

21 may. 2014

Un carballo en tres minutos

A semente deste carballo, a landra, foi plantada nun mes de setembro. En xaneiro observouse o crecemento da súa raíz. E en marzo, naceu.

Este proceso dura na natureza ao redor de oito meses. Pero este vídeo só ten algo máis de tres minutos. Fíxose tomando fotografías cada dúas horas. A esta técnica de vídeo dinlle time-lapse.

19 may. 2014

15 may. 2014

Terra sucada

O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía coa voz de Sergio, e usamos unha aplicación para teléfono móbil chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados. Outra contribución para o día das nosas letras

12 may. 2014

100 comentarios polas Letras Galegas

Foi Julia a primeira que investigou esta celebración, e así descubriu o nome do escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Despois apareceu Lucía con outro traballo sobre Xosé María Díaz Castro, que é como se chama o escritor homenaxeado. Por último, Julia tamén debuxou a imaxe para este post, aínda que tivo a axuda de Aitana. Agora presentamos o reto: queremos 100 comentarios (ou máis). Que sexan mensaxes sobre o autor, a nosa lingua e a literatura, Galicia e o mundo… Pero todo ben escrito e con palabras galegas, que son ben fermosas.

Xosé María Díaz Castro Preme aquí ou na imaxe.

11 may. 2014

Lingua, Mates, Medio (13)

Hai que empezar contidos novos e novos temas. Ademais, a Ismaíl encántalle o número 13…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Actividade extra: Aquí está o vídeo que vimos en clase. Xa sabes que deberás facer un bonito traballo, e lembra que será en galego. Preme na imaxe.

A Gran Barreira de Arrecife

9 may. 2014

A Terra desde o espazo

A axencia americana NASA creou un canal de vídeo que retransmite en directo imaxes do noso planeta desde a Estación Espacial. Utiliza catro cámaras de moita calidade, ata o mes de outubro de 2015. Así que é una gran oportunidade para ver a Terra desde o ceo infinito. Disfrutemos e coidemos o noso mundo, que só hai un…

6 may. 2014

Os monstros de Fahrenheit

Xa contamos que hai que salvar aos libros de Fahrenheit, o monstro. Para conseguilo, hai que ler ben, pois é o único remedio que funciona contra esa besta que devora libros e lectores. Por iso pedimos axuda ao mago Rodari e aos seus Contos para xogar. Así que traballa en equipo e prepara as túas lecturas. Se quedas atrapado, ninguén sabe o que che pasará…

4 may. 2014

Felicidades, mamá!

Este é un día especial para as nais e as familias, pero tamén para o noso blog. Por iso, agardamos que disfrutedes co seguinte vídeo e coas súas imaxes. Se é así, seguro que poderemos ler un montón de comentarios e mensaxes… Anímate e participa!

2 may. 2014

Cartografía das historias

A cartografía é unha ciencia que se encarga da elaboración dos mapas. Pero aquí usamos esa palabra para falar dos mapas dos libros, que poden servir para recoñecer e comprender a estrutura dos relatos. Así, na nosa cartografía están: as galaxias de palabras, as estrelas das historias e, por último, os mapas dos libros, sobre todo en forma de bocatas…

Cartografía das historias on PhotoPeach