24 dic. 2014

Felices Festas!

Mentres chega a noite de Nadal, aquí tes un pequeno xogo. Trátase de observar esta foto de felicitación, que hai uns anos fixo un amigo desde as Illas Canarias. Eu estou nalgún sitio, a carón doutros mestres e profesores, e tes que buscarme. Pero ten en conta que todos levamos uns anteollos de adorno…

SHQOLLWFpCPreme aquí para ver a imaxe máis grande.

19 dic. 2014

Dúas felicitacións de Nadal

Ademais dos nosos propios e felicitacións, que xa dixemos e escribimos, Sergio e Hugo realizaron uns bonitos “vídeos” para felicitarnos. Traballaron na casa co ordenador ou o iPad, porque saben facer moitas cousas por si mesmos… Parabéns!

17 dic. 2014

Lectura en Samarcanda

Estamos a punto de abandonar a cidade milenaria de Samarcanda. Iremos cara o oeste, pois temos que chegar a Galicia, que será o final deste proxecto. Haberá máis exploradores individuais como Julia, Sara Vázquez ou Silvia? Alguén traerá obxectos misteriosos desas terras? Que outras historias nos agardan? Para descubrir todas esas cousas, debemos seguir o noso camiño

16 dic. 2014

Chegou o Nadal

Brancaneves e toda súa xente non foran aínda protagonistas deste blog. Pois aquí están, que ademais son os que faltaban da clase. Así que aproveitamos esta postal de Nadal especial para enviar os nosos mellores desexos…

Felices Festas!

David, Daniela, Diego, Sergio, Alba, Antón, Sara Vázquez, Adrián Blanco, Ignacio... en Disneylandia?

15 dic. 2014

Van chegar os Reis

En xaneiro, e desde hai centos de anos, chegan os Reis Magos a esta terra. Contan que veñen de moi lonxe para alegrar un pouco a nosa vida. Pero eu, cando miro esta foto, vexo caras que me sonan… Por que será?

Pablo, Daniel e Matías son os Reis Magos!

14 dic. 2014

Xabier, o noso heroe

Xabier converteuse no defensor do blog, despois de Silvia, por suposto. Pero agora é o que máis loita, como un novo Thor, para conseguir cada día novos e mellores comentarios. Se segue así tamén merecerá o martelo do deus nórdico, aínda que a Daniel seguro que tamén lle gustaría…

Xabier

13 dic. 2014

Aula investigadora 3

É certo que o noso último proxecto sobre a ruta da seda está requirindo moito esforzo. Pero os investigadores seguen explorando o mundo e Internet, a pesar das posibles dificultades: comidas do mundo, sectores económicos, o Espazo Abalar, Ramón Mª Aller, Alexandría, Médicos sen fronteiras, Samarcanda, as cidades máis poboadas de España, os pobos celtas, deuses do Olimpo, Curro Jiménez, Hiroshima, sonda espacial Rosetta
Os que máis investigaron nesta terceira fase foron: Antón (1), Sara Vázquez (1), Adrián Blanco (4), Sergio (5), Aitana (5), Sara Sánchez (4), Nicolás (9), Gabriela (1), Alba (4), David (1), Silvia (1), Javier (1), Daniel (1), Hugo (1) e Xabier (1).

11 dic. 2014

Operación PowerPoint

Este post é como unha fenomenal caixa de sorpresas. É a nosa operación triunfo de investigadores e novos presentadores, con traballos máis que interesantes. PowerPoint é un programa da compañía Microsoft que serve para mostrar as actividades que facemos…

10 dic. 2014

Linguas, Mates, Medio [6]

Aínda que o curso segue o seu ritmo, xa estamos en decembro e haberá que descansar un pouco. Antes, unha nova unidade con actividades e repasos.

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

Coñecemento do Medio: Buscar en Abalar e tamén aquí, pero lembra que algúns enlaces poden funcionar mal.

9 dic. 2014

Sara Vázquez en Samarcanda

De novo outra nena realiza unha presentación sobre unha cidade do noso proxecto. Agora foi Sara Vázquez, quen se atreveu a contarnos o que investigou sobre Samarcanda. Por certo, hoxe mesmo chegou o primeiro tren de mercadorías entre China e España, logo de recorrer máis de 13.000 quilómetros. Din que será como outra ruta da seda…

4 dic. 2014

O concerto de Julia e Gabriela

Na festa dos 4.000 comentarios houbo un concerto de guitarra española. As guitarristas foron Julia e Gabriela, e tocaron para nós o Himno á Alegria, que foi composta polo gran Ludwig van Beethoven. Ademais, agora é tamén o himno oficial de Europa.

3 dic. 2014

A festa dos 4000 comentarios

Despois dun gran traballo, por fin logramos alcanzar os 4.000 comentarios no noso blog. Poir iso celebramos esta festa. Houbo un equipo que organizou todo: os “alimentos” que había que conseguir, as actuacións artísticas, os encargados da música e, por suposto, quen faría de presentador. O mestre só buscou a película: Kirikú e a bruxa, realizada por un director coñecido. Pero o máis importante é que tivemos a colaboración das familias… Moitas grazas!

1 dic. 2014

Esta noite en Samarcanda

Samarcanda é unha das cidades máis antigas do mundo que aínda segue habitada. Ao parecer, estando xa baixo o control dos árabes, coñeceuse alí o segredo da fabricación do papel, que se descubrira na China. Máis tarde, desde esta cidade o uso do papel chegaría a Europa. E por iso, en papel e no noso proxecto, agora saberás desta historia: Esta noite en Samarcanda