O Proxecto

Ismaíl na Ruta da Seda
The Silk Road Project

Aula de 6º B
CEIP Isaac Díaz Pardo, 2014-2015



A TERRA

MAPAS E NOVAS

MAPAS E HISTORIAS

CONTOS DO MUNDO

CONTOS DE ASIA

CONTOS DE EUROPA

Músicas da Ruta

Exploracións do alumnado
  1. Álbum de fotos da princesa Leitzu ou Xi Lingshi, a partir da súa historia (China).
  2. Debuxos de Gulnara a guerreira, despois da lectura dese conto de Mongolia.
  3. A Ruta da Seda, presentación de Julia Rodeiro Maseda.
  4. O antílope dourado, álbum de imaxes dixitais para un conto da India.
  5. Bocatas para viaxar coas historias: Hugo preparou un para O antílope dourado, coa axuda de Úrsula, a súa nai. Ao velo, entran ganas de alimentarse cos contos do mundo... E aínda hai máis!
  6. Ismaíl na Ruta da Seda: a aprendizaxe baseada en proxectos... (ABP).
  7. Na busca de historias, na Segunda volta ao mundo en 80 contos atopamos a que se titula Esta noite en Samarcanda. E así chegamos a Uzbequistán, en Asia Central.
  8. Samarcanda, presentación de Sara Vázquez Barbeito.
  9. Esta noite en Samarcanda, álbum de debuxos desta historia do século XI. Porque ler é tomarlle gusto, saber ao sabor mesmo, que é o saber mesmo, como dixo alguén... 
  10. O camelo bactriano de Ismaíl, unha creación manual e artística de Alba Rodríguez Santos.
  11. Fermosas versións realizadas polos nenos e nenas dos contos O rapaz intelixente e Simbad o mariñeiro, nas terras de Irán e Irak.
  12. Como nas antigas escolas de tradutores medievais, cada quen realizou a súa propia versión do conto titulado As cancións de amor (Líbano).
  13. Visitas virtuais a algunhas das marabillas da Ruta da Seda: a Gran Muralla chinesa, a Praza Registan de Samarcanda, a cidade de Petra, as pirámides de Exipto...
  14. A historia da zapatilla vermella de Rhodopis levounos ao mesmo Exipto, a terra das pirámides e do río Nilo...
  15. Cada explorador fixo a súa propia cartografía imaxinaria dos dous contos do Magreb que houbo, no seu momento, que escoller. As cartografías recibiron estes nomes: a Galaxia das Palabras e a Estrela das Historias.
  16. A cidade paraíso, un conto do Magreb, de Marrocos...
  17. A caravana de camelos de Bactria, que viñeron desde Asia Central guiados polas mans de Alba.
  18. Picasso na Ruta da Seda: nunha exposición sobre o pintor, Antón Vázquez fixo unha bonita libreta adornada con motivos do proxecto.
  19. O Día das Letras Galegas con Xosé Filgueira Valverde, a Ruta da Seda e a nosa galaxia.
  20. O regreso a Galicia, a volta a casa, chegamos á última etapa da nosa andaina.
  21. Os libros da Ruta da Seda, que recolleron todas as súas exploracións, as investigacións persoais, as creacións artísticas, os mapas das historias e os pasaportes da viaxe.
  22. O caderno da viaxe: lembranzas e anotacións do proxecto.

1 comentario:

Ismail de Saidabad dijo...

Que fermosos son os vosos traballos sobre a princesa Xi Lingshi e Gulnara a guerreira! Estou asombrado... :-)