8 may. 2015

Galicia, a última etapa da ruta

Cando empezamos o proxecto, o final parecía moi lonxe, pero chegou. No mes das Letras Galegas, ademais de celebrar a nosa lingua, tamén será a festa do regreso a Galicia. Deixamos atrás altas montañas, desertos inmensos, profundos ríos e, sobre todo, saudamos ás súas xentes, tan iguais a nós.

As tarefas desta última etapa son as seguintes:

  • Na páxina do proxecto, analizarás os enlaces con contos de España, Galicia e Culleredo. Estes, que son poucos, aparecen en Galicia Encantada.
  • Tes que elixir dous, ao teu gusto. Deberás lelos moi ben, para coñecelos e, incluso, para poder contalos.
  • Logo deberás preparar para cada historia algunha sorpresa bonita, asombrosa, marabillosa... Ao final, estará de feito no teu libro.
  • Se queres, e se es valente, poderías facer algunha sorpresa TIC: unha presentación para o proxecto, un arquivo de texto en word, un debuxo dixital…

A sorte é que pode haber outras sorpresas. Por exemplo, Gabriela ten preparado un cursiño de encadernación, e a súa idea aparece na fotografía. Sara Sánchez fixo a Ismaíl coas famosas gomiñas, e seguro que pode ensinarnos os seus trucos… Carla, que é de 4º B, regalounos unha pequena tartaruga realizada tamén con ese material. Serve de metáfora para toda esta experiencia de contos, de historias e de mapas: camiñante, non hai camiño, o camiño faise ao andar…

De Sara Sánchez, Gabriela e Carla  

NOTA: A ver quen descubre ao autor desas últimas palabras, que el escribiu como versos dun poema.

18 comentarios:

daniel dijo...

Para mi seria muy dificil hacer eso con las gomas.

Ismail de Saidabad dijo...

Non te preocupes, Danel, que xa sabes que na clase hai xente que sabe colaborar moi ben... :-)

Silvia dijo...

Que chulos los trabajos!!

Ismail de Saidabad dijo...

Ollo! Creo que o profe acaba de poñer algo máis no post... É un malvado! :-)

Aitana dijo...

Ismail yo se de quien es lo que puso Mario !!!!

Aitana dijo...

Mario la poesía de José Filguiera Valverde prefiero recitarla en forma de poesía. La puedo recitar así????

Mario Aller dijo...

Aitana, por suposto, o que comentei non é máis que unha idea... :-)

Matias Orosa Maroño dijo...

Que chulos los muñecos hechos de gomitas:)

Matias Orosa Maroño dijo...

Perdón por no comentar estos meses :(

AlbaRS dijo...

Ya sei quen é, é do siglo XXIX ;)

AlbaRS dijo...

Pregunta a miña nai si se pode añadir algún contó ou lenda do noso entorno?

Mario Aller dijo...

Alba, se ela sabe algunha, os demais tamén queremos sabela... :-)

Natalia dijo...

Hola ya se que es muy tarde pero hace un rato que vine de llevar algunas cosas para la mudanza pero yo tambien se de quien es la frase jeje mañana en clase lo dire.Hasta mañana.

Aitana dijo...

Los trabajos son preciosos.

Nicolás Santos dijo...

Bonitos trabajos,y espero que empiezen ya los cursillos ...

Julia R. Maseda dijo...

Mario mañana hai que levar todo lo de las historias? Es que yo tenia alguna otra idea pero igual no me da tiempo a hacerla.

Mario Aller dijo...

Julia, haz como puedas... :-)

Hugo Varela dijo...

Muy bonitos trabajos